Welcome !!


Benvidos e benvidas a este curso especial, moi especial, 2020-2021.


Este blogue está pensado para axudar ás pequeniñas e pequeniños de educación infantil a explicarlles ás súas familias que cancións e que contiños estamos aprendendo durante as clases de inglés. Todas as cancións que se mencionan aparecen na canle de "You tube" ; pedídelle ao aprendiz de inglés que tedes na casa que vos indique cal é exactamente aquela que traballamos nas clases de inglés. Ou ben, animádevos a aprender unha nova, diferente da que xa coñecemos...

Como sabedes, o inglés na etapa de infantil é, basicamente, escoitar e repetir. Buscamos que @s nen@s se divirtan dentro dun contexto de "idioma inglés": é dicir, que fagan actividades coa teacher e con Teddy (que falan inglés) sen que sexan para nada conscientes de que están "aprendendo".

Esperamos que vos sirva de axuda e apoio para cantar, bailar, xesticular, repetir, explicar, etc., etc. coas vosas fillas e fillos. Por favor, calquera dúbida ou consulta, facédema chegar a través das titoras dos vosos fillos, ok?


Comentarios