Hello!!

Como "colofón final" para o noso tópico de "Transports", esta semana, nas clases de inglés de 6º de infantil, repasamos todas as cancións relativas a este contido e cerramos etapa visualizando o conto titulado  "The Big Red Bus", en formato vídeo de youtube.




Tamén aprendemos unha especie de "tongue twister" (= trabalinguas), bastante complicado! É difícil pero perfecto para afinar a nosa pronuncia en inglés; chámase "Big Red Bus" e hai varias versións, máis ou menos rápidas. Durante as clases vimos dúas:

* unha realizada nunha biblioteca escocesa, con asistencia de bebés e familias



* e outra (observaredes que algunhas palabras non coinciden exactamente; pasa a miúdo coas cancións e rimas infantís: varían segundo quen as cante...), máis musical e rápida, da canle de "Nursery Rhymes TV"

Por certo que nesta canle podedes atopar moitas rimas e cancións típicas infantís británicas , por se aos /ás vos@s pequech@s lles gusta cantar en inglés.


E agora... dereitiños cara Christmas time!  See you soon.

Comentarios