Gooooood morning!

Que non se diga que nas clases con Teddy e coa teacher non facemos exercicio...

As nenas e os nenos de 5º de infantil (a quen nos gusta moitísimo bailar) estamos a aprender acerca do noso corpo, as súas partes, que cousas podemos facer con cada sentido, etc. e así descubrimos unha "nursery rhyme" (=unha cantiga tradicional) moi coñecida no mundo anglosaxón que é a que di...

    "If you're happy and you know it, clap your hands"

Desta canción hai varias versións en you tube: desde a clásica / tradicional 



ata versións novas, máis modernas, como a que fan os amiguiños de Super Simple Songs.

Anyway, nesta ponte que vai chover e irá frío, que os vosos fillos vos canten e vos fagan cantar as cancións que xa nos sabemos e tamén a nova que estamos a preparar para o Nadal:


    "Twinkle, twinkle, little star" (na versión de Super Simple Songs) 






Comentarios