Hello!
Christmas is coming... Cada vez estamos máis perto do Nadal así que imos "cerrando" o trimestre. Estes días, nas clases co alumnado de 6º de infantil, estamos repasando as cancións, flashcards e vocabulario aprendido nestes tres meses:


Cada sesión de clase, comezamos contando (no noso propio corpo)
ata 20; deste xeito estamos aprendendo como se chaman os números mentres "entramos en calor"















Tamén repasamos  o vocabulario e as "basic structures" sobre "Transports", antes de entrar coa nosa panxoliña deste ano: "Santa is his name-o"



Aínda que non é unha "Christmas carol" tradicional, permite que o alumnado deste nivel se vaia afacendo ao deletreo e ao nome das letras do alfabeto en inglés (que son bastante distintas do galego e do castelán). Por outra banda, aumenta a capacidade de discriminación auditiva e de concentración porque hai que saber cando dar a palmada e cando non !!
Ademáis, é unha canción moi divertida, que é o mellor de todo ...

Merry Christmas and Happy and Healthy New Year !


Comentarios