Good morning!!             Happy new year 2021!!

 


 

Comezamos un novo trimestre deste curso tan especial que, probablemente, non esqueceremos nas nosas vidas, nonsi? 

Como debe ser, empezamos repasando as cancións que xa coñecemos; especialmente "Let's start this day with a song", que nos pon en movemento nada máis iniciar a clase de inglés...

Tamén estamos facendo como rutina de inicio un xogo co que aprendemos os números ata o 20 (que xa nos sabemos bastante ben). 

O noso amigo, Teddy, trouxo para os nenos e as nenas de 5º de EI unha foto moi grande do salón da súa casa porque quere que aprendamos os nomes de varios mobles da casa, mentres aprendemos unha mensaxe importantísima: NON se debe abrir a porta a persoas descoñecidas


Who's At the Door? | Don't Open The Door To Strangers | Kids Songs & Nursery Rhymes by Little Angel



Comentarios