Here come the Easter bunny!!



Avanzamos a chimpos


cara a Pascua (Easter) e, mentres imos preparando as nosas manualidades (arts and crafts) de Easter, imos tamén aprendendo pequenas cancionciñas moi típicas destas datas.

Para o alumnado de 6º de infantil, que xa son moi grandes e entenden moito inglés!, realizaremos unha actividade que combina...

... comprender cantidades e relacionalas co número correspondente

... comprender as cores, mentres as imos escoitando na canción

... seguir instrucións ( en inglés, obviosly) para elaborar unha manualidade

... aprender a canción, que inclúe unha estrutura gramatical elaborada:  HOW MANY...?

A versión da canción   que escoitaremos na aula será esta:  

HOW MANY EGGS IN THE EASTER BASKET?

e a manualidade que esperamos conseguir sería algo así:                                                                                







Miss Tracey contará un contiño sobre os coellos de Pascua co seu vídeo 

de , pertencente á súa canle

                                                                                                                         "Littlestorybug"


Sobre Easter bunnies, falaremos, cantaremos, contaremos e veremos tanto co alumnado de 5º coma co de 4º de E.I.

Amodiño, repetindo e aprendendo o vocabulario relativo a esta celebración, veremos o vídeo:

Here comes the Easter bunny


As nenas e os nenos dun colexio inglés cantarán para nós a canción de 

"Easter egg hunt" (= á procura dos ovos de chocolate) e tamén veremos a Peppa e os seus amigos buscando por todo o xardín para encher as cestiñas de ovos


Espéranos un marzo de moita actividade. 

See you soon



Comentarios