Hello, everyone!

Espero que esteades desfrutanto desta SPRING marabillosa, que nos carga as baterías (sobre todo, pensando na SPRING que tivemos o ano pasado, lembrades??)

En 5 anos (6º de infantil), continuamos a nosa andadura polos "phonics" e estamos a insistir na diferenza entre S SH. Claro, coa máscara encima da boca, é complicado ensinar os sons do idioma inglés. Por isto, acudimos constantemente a Internet, para que nos axude a practicar.

Hoxe traballamos con estes vídeos:

"El sonido SH" Jardín de Scratch e tamén co vídeo de "SH song"


Tamén repasamos a canción anterior (que xa se saben MOI ben!): "The snake is in the grass" e tentamos relacionar o novo fonema cunha estrofa da canción "The wheels on the bus". Concretamente, aquela que di...



THE MUMMIES ON THE BUS GO:

SH, SH, SH...





Tivemos unha clase bastante activa e comprobamos que os nenos/ as nenas se involucran moito na aprendizaxe de como poder ler en inglés; isto axudará de cara a 1º de primaria. Como podedes ver, non estamos seguindo estrictamente a orde de "jolly phonics" xa que aqueles fonemas que non van presentar problemas á hora de plasmalos en letra escrita non van ser traballados tan "intensamente"

See you!


Comentarios