Good morning!! 

Back to school, again... Aquí estamos de volta, para percorrer o último tramo desde curso tan especial. Neste 3º trimestre, as nenas e nenos de infantil xa somos moi capaces e responsables; atrevémonos mesmo a contestar ás preguntas da teacher en inglés e cantamos pronunciando mellor!


O alumnado de 6º de E.I. comezará a iniciarse na aprendizaxe dos "phonics", que é un dos sistemas de lecto-escritura empregando nos países de fala inglesa. Farémolo MOI pouco a pouco, de xeito intuitivo, porque de ningún xeito pode interferir aprender a ler en inglés con aprender a ler en galego (ou en castelán). 




A lectura en inglés é especialmente difícil porque "non se escribe como se le nin como se pronuncia". A teacher e Teddy explican que en inglés hai "palabras amigas" e "palabras con trampa", para inculcar na mente dos pequenos que non debemos escribir en inglés tal como pronunciamos.

Esta semana, comezamos este proceso co fonema /s/, seguindo os seguintes pasos:




ACTION    ----    SONG  ("The Snake is in the graSS")  ----    STORY

A semana vindeira repasaremos este concepto, ampliando o número de palabras que comezan por /s/



Comentarios