Hello, how are you?

Estamos de volta, despois da paréntese de Halloween 👻,  na que estivemos practicando as nosas cancións sobre “pumpkins”:


Os máis pequenos practicamos esta, de Super Simple Songs, que nos axuda a aprender sobre como expresar sentimentos en inglés:

  happy, sad, 

grumpy, sleepy

E os maiores, xa practicamos algunhas estruturas máis complexas, con estoutra canción titulada “Five little pumpkins sitting on a gate”, que nos resultou un chisco difícil polo que probablemente teremos que repasala o próximo curso…

O caso é que xa estamos en novembro e coa cabeza xa no Nadal e en que panxoliñas inglesas imos cantar… De momento, gardamos  o segredo; nunhas semanas hase saber!


Por se acaso o podemos necesitar para as nosas panxoliñas… nestes días imos aprender os nomes de varias partes do corpo en idioma inglés. Tamén practicaremos algúns “verbos de ximnasia”; é dicir algunhas expresións que se relacionan con movementos do corpo. Só por se nos fixesen falta nun futuro próximo 😉


Nas aulas de 4o de infantil, imos aprender a rima inglesa de “Two little eyes to look around” e Teddy axudaranos a comprender que temos dous ollos, dúas orellas, un nariz e unha boca e que as usamos para poder ver, oír, ulir e comer 😋

O alumnado de 5o de infantil repasará esta mesma (que aprendemos o curso pasado), xunto coa de “One little finger” (que lles encanta!):

É da canle de Super Simple Songs e permítenos practicar tanto as partes do corpo como instrucións directas. AH! E tamén aproveitamos para contar cantos monstros van saíndo e de que cores son!






Finalmente, os “maiorcísimos/as” de sexto de infantil, practicaremos a coñecida rima “Head, shoulders, knees and toes “, pero dunha maneira un pouco sorprendente…Busquen a seguinte referencia en you tube e verán, verán que pasa…


Steve and Maggie son uns personaxes que veremos moito durante este curso, porque xa imos sendo grandes e cada vez temos máis capacidade para comprender textos en inglés de certa complexidade. Ademáis, son tan divertidos!!!

Estamos en contacto. Cóidense moito. See you soon 



Comentarios