Hi, hello!!

Ai, que tempos nos toca vivir... 😢

Entre confinamentos e corentenas, seguimos a tentar aprender inglés nas nosas aulas de infantil. Nas últimas clases "normais" que poidemos ter, comezamos a traballar un proxecto que entronca co Proxecto do noso cole, que sabedes que é:  "Orgullos@s de Nós"


O conto titúlase         The artist who painted a blue horse

e con el aprendemos as cores e os nomes de diversos animais;  mais o fundamental é que aprendemos que se temos unha mente aberta - como a ten o artista do libro...- podemos ver cabalos azuis ou elefantes laranxas.

Podedes atopar este contiño en youtube, así como algúns dos vídeos que estamos a traballar nas aulas sobre o vocabulario. Déixovos algunhas ideas...








E xa se queredes "ampliar" o nivel de inglés para os vosos cativiños, os contos de Leo Lionni son moi interesantes. Probade este, a ver que opinades:




Comentarios