It's     raining

💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦
 

Teddy está contento porque aínda que a chuvia é incómoda, tamén é moi necesaria para que despois veñan as flores na primavera...

Co gallo deste luns chuvioso, aprendemos varias cancións sobre a chuvia e tamén vimos como Teddy se prepara para saír ás pozas do xardín...


        Velaquí vos deixo algunhas ideas para volver a ver os vídeos cos cativiños, nalgunha tarde de chuvia que vaia vir...

* Unha rima tradicional británica, que se lles canta ás nenas / aos nenos ingleses desde pequechos:


    Atoparedes varias versións da mesma canción; esta foi a que aprendemos nos grupos de 4º de EI

* Tanto Teddy como Peppa Pig (e a súa familia) desfrutan moito de andar "jumping in muddy puddles" (andar a saltos nas pozas). Iso si: coas botas de auga postas!

     

Teddy Train; minuto 9:33








       E para os rapaces e rapazas máis grandes, velaquí unha canción para asentar a famosa pregunta que facemos coas nosas "caras de pregunta" (supoño que vos terán falado delas...) e que xa se saben moi ben: What's the weather like today?

💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦💦

            See you soon, whether it's rainy or not...










Comentarios