SPRING, SPRING, SPRING...

     Xa nos tarda a primavera, a Teddy e á teacher Luz! Sabemos ben que aínda falta algún tempo de inverno por vir pero non facemos máis que pensar en todos eses bechiños e floriñas que xa queren saír



  

                         


    Con esta intención primaveral, velaquí as actividades que estamos a facer nas aulas de infantil:

      Paseniño, o alumnado de 6º de E.I. andamos a practicar un poema en inglés, que xa somos quen diso e de máis!



     

      Teddy contoulles ás nenas e nenos de 4º de infantil un contiño sobre un neno que pintaba algo moi especial: a rainbow




     A continuación, aprendemos a nosa particular canción do arco da vella, que podedes atopar en youtube, con esta información:




E, finalmente, o alumnado de 5º de infantil andamos a preparar unha actividade de "Arts and Crafts", que expoñeremos nos corredores da zona de infantil do noso centro, seguindo as instrucións que Teddy nos vai dando. En inglés, of course! Dentro de pouco, daremos máis información a este respecto...

Se queredes máis recursos para "spring", podedes buscar nalgunhas das webs que se mencionan aquí, neste mesmo blog. A medida que vaiamos aprendendo máis cancións, xa vos contamos.













Comentarios