Welcome Back!!   De volta na escola

    Abrimos esta última parte do curso repasando algunhas cuestións de vocabulario básico- como os números, os días da semana ou os saúdos- coa rapazada de infantil. Decontadiño imos iniciar novos tópicos porque se lles ve con gañas de saber máis, moito máis, en inglés…



Así que, acabado o tema de “Penguins” que traballaron ao longo do trimestre pasado, neste de agora continuaremos un chisco máis con bechiños de primavera (xa sabedes: butterfly, lady bug and bumblebee) mais ímonos centrar en Teddy e na familia de Teddy, para coñecer máis sobre o noso amigo “que só fala inglés”

    O alumnado de 6º de infantil- que xa son grandes!- van preparar unha canción con bastante complicación, que iremos traballando ao longo de varias clases xa que é difícil tanto polo esforzo que esixe a nivel de pronunciación como porque está composta por oracións completas, cunha gramática complexa. Claro, todo isto eles e elas non necesitan sabelo; pero cóntovolo a vós, para que vexades que alto nivel de inglés manexan os vosos fillos e fillas.

    A canción titúlase:

        The bear went over the mountain 

E aínda que hai varias versións, nós imos usar a de “Super Single Songs” durante as clases. Podedes probar estas variantes, a ver se vos gustan, como esta:


Ou estoutra (que xa ten algúns anos…):



    Coitado porque na canción tradicional, só hai unha estrofa. Porén, nós empregamos a mencionada ao comezo porque ten ata tres estrofas diferentes, o que nos dá pé a practicar as preposicións de maneira completamente intuitiva, por suposto, e con MOITA mímica.



    E co alumnado “máis miúdo” (os de 4º de infantil), imos recuperar aquela rima de “Two little eyes to look around”, que xa fixeramos hai algún tempo (tedes a referencia no blog) para empezar con algunha ficha de traballo individual en referencia a este vocabulario. Xa vos contarán pouco a pouco…

     So, have a nice weekend!  Seguimos en contacto… pero con sentidiño…


    

Comentarios