Hi, hello, how are you??

                        Hello, little people! Nesta fin de curso, estamos a repasar as cancións que aprendemos e tamén aqueles contiños que tiveron máis éxito👏. Á parte, descubrimos que as nosas emocións, como nos sentimos por dentro, teñen un nome en inglés. Isto xa nolo contaran os "The Kiboomers" con anterioridade...

    


mais agora sabemos "poñer cariñas de...", igual que as do vídeo de "English Tree TV", que son estas:


Atoparedes diversos exemplos baixo o epígrafe de "feelings song" aínda que Teddy está a practicar co alumnado de 4º de EI as números 2 e 3.


☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺

Os maiores, que xa van en 6º de EI e están a un pasiño da Primaria 😏, cerraremos o curso coa canción de "The wheels on the bus", que nos achegará ata diferentes expresións en inglés así como ata o vocabulario dos transportes. Como é unha "nursery rhyme" moi coñecida en lingua inglesa, tedes ao voso dispor varias versións. Nós usamos esta:



☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺☺

Finalmente, o alumnado de 5º de EI están a rematar un pequeno traballiño a partir do tópico de "Easter eggs", que non nos dera tempo a rematar ben antes de maio...
De fondo, a canción das formigas, que lles encanta, a pesar da difícil letra que ten!!


e que vén pechar o capítulo de vocabulario de "Bugs in spring" (=bechiños de primavera)


Ai!, que non queda nada... E aínda por riba con este bo tempo - misturado con choiva- que temos, xa nos vemos en bañador na piscina!!





Comentarios